Fórum Bonsai Literati
Gostaria de reagir a esta mensagem? Crie uma conta em poucos cliques ou inicie sessão para continuar.

encontro de bonsai en Galicia

Ir para baixo

encontro de bonsai en Galicia Empty encontro de bonsai en Galicia

Mensagem  Alberto Baleato Qua Mar 16, 2011 5:39 am

O primeiro fin de semana de abril, 2 e 3 para ser exactos, vense celebrando no meu pobo, Bembibre, Val do Dubra, A Coruña, unhas feiras multisectoriais, donde se pode encontrar un pouco de todo, industria, artesania, gastronomía, talleres....
Este ano convencéronme para que fixése un pequeno congreso de bonsai paralelo a todo isto, aproveito este foro para comentarvos en que vai a consistir, e para convidarvos a todos a que asistades e disfrutedes connosco dunha fin de semana de bonsai

Haberá unha pequena exposición, eu calculo que uns 30 ou 40 árbores
o sábado pola tarde unha demostración do Tim Bonsai
o Domingo pola mañá un mercadillo de bonsai, ao que podedes traer as árbores ou calquera cousa de bonsai que queirades vender ou trocar, (pediríavos que me avisárades para saber mais ou menos o espazo que preciso)
o domingo pola mañá tamén se fará un taller sobre origami ou papiroflexia xaponesa
o domingo pola tarde unha demostración de bonsai, para a cal aindo non teño uns nomes fixos, pero para o cal estou valorando 4 candidatos, haber se convenzo ós catro

Ademáis a miña casa está a 400 metros, por se alguén quere ver o meu espazo e a miña tenda

Se alguén quere vir todo o fin de semana hai un hotel no pobo moi económico...

pois eso, quedades todos convidados, se algún ten algunha dúbida pode escribirme a
kingii1@hotmail.com

un saudo a todos

Alberto Baleato

Mensagens : 19
Data de inscrição : 07/05/2010

Ir para o topo Ir para baixo

Ir para o topo

- Tópicos semelhantes

 
Permissões neste sub-fórum
Não podes responder a tópicos